jueves, 13 de junio de 2019

RECOLLIDA DE PLANTAS MEDICINAIS


O día 22 de maio asistimos co alumnado de 4º ESO a unha andaina pola "Ruta das Aceas" coa finalidade de identificar e recoller as plantas medicinais coas que previamente traballaramos.






Posteriormente, estas plantas foron expostas na entrada do edificio principal, na zona dedicada á exposición. Ademais, o alumnado realizou fichas de cada planta onde aparecía: o nome científico, os nomes populares galegos, o nome en francés, os fins medicinais e o modo de emprego.  Para alén disto,  a profesora de latín traballou coa etimoloxía das plantas seleccionadas nas súas clases.




No hay comentarios:

Publicar un comentario