jueves, 20 de junio de 2019

O traballo e as relacións laborais

Durante este curso 2018/19, os grupos de 1º do CM de Xestión Administrativa, do CS de Administración e Finanzas e do CS de Mecatrónica Industrial participaron na elaboración dun cuestionario sobre o vocabulario, as expresións e os refráns que se utilizaban para falar do traballo e das relacións laborais entre os traballadores e o empresario ou o xefe. Entrevistaron a familiares e a veciños e falaron sobre como foron mudando as condicións laborais e con elas, tamén os termos no ámbito laboral. Velaí tedes o cuestionario empregado: O traballo e as relacións laborais.
Esta actividade realizouse durante o 3º trimestre, incluíndose como unha actividade complementaria do bloque temático de Laboral dentro do módulo de Formación e Orientación Laboral. A súa finalidade fundamental foi o traballo cooperativo, o achegamento do noso alumnado ao patrimonio cultural da nosa contorna e tamén nos serviu para analizar como foron cambiando as condicións laborais ao longo destes anos desde as vivenzas e as experiencias da xente vinculada aos nosos rapaces e rapazas.
Deixámosvos a ligazón para acceder ás gravacións realizadas polo alumnado e unha mostra das mesmas:
GRAVACIÓN realizada pola alumna de 1º CM de Xestión Administrativa Noelía Rodríguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario