jueves, 27 de junio de 2019

CONCLUSIÓNS ENQUISAS HISTORIA.

As alumnas e alumnos de 4º de ESO Académicas realizamos para a materia de Xeografía e Historia unha serie de enquisas para reconstruír o patrimonio inmaterial da comarca de Sarria durante o periodo da Guerra Civil e o Franquismo, así como tamén darlle importancia á Memoria Histórica.
A través dun cuestionario recollimos información de xeito directo e de man de persoas que viviron aquela época. Unha vez realizadas as enquisas recollimos a información mais relevante da cal sacamos as seguintes conclusións:
ANTONIO
Eu saquei en claro que durante a época do franquismo cometéronse moitas atrocidades que non deberían haber pasado. Tamén gustoume facer a entrevista xa que é unha boa forma de gardar a nosa memoria histórica.
EROS
A min as entrevistas amosáronme unha realidade que sabía da súa
existencia pero non coñecía ao cen por cen. Houbo momentos onde me puxen
 moi triste pensando na remota posibilidade de que isto poida volver a
acontecer e deume moito medo e tristura.
MIGUEL
A min as entrevistas amosáronme unha realidade que sabía da súa
existencia pero non coñecía ao cen por cen. Houbo momentos onde me puxen
 moi triste pensando na remota posibilidade de que isto poida volver a
acontecer e deume moito medo e tristura.
LUIS
A min as entrevistas amosáronme unha realidade que sabía da súa
existencia pero non coñecía ao cen por cen. Houbo momentos onde me puxen
 moi triste pensando na remota posibilidade de que isto poida volver a
acontecer e deume moito medo e tristura.
UNAX
Eu penso que era necesario, estas entrevistas dan visibilidade a este tema que foi silenciado.
As entrevistas axudannos a comprender como se sobrevivia naquela epoca tan dura.
Persoalmente as entrevistas non me afectaron moito, pero si que segue a
afectar as persoas que 40-50 mais tarde contan a historia.
Este tipo de traballos deberianse de facer en outros institutos para comparar os resultados.
XURXO
As entrevistas que realizamos parecéronme moi curiosas xa que aprendín cousas que non sabía como por exemplo como o pasou a xente que o viviu, que opinaban del… Tamén me pareceron moi interesantes as historias que narraron os entrevistados/as sobre anécdotas que lles sucederan a eles ou a persoas relacionadas durante o franquismo
JÉSSICA
A xente sabe moito mais do que nos contou pero por medo a represalias ou a recordar cousas que lles pasaron non no las contan.
Cando facemos as preguntas sobre a situación da muller naquela época crease un ambiente de gracia, e pasouno sen casos que hasta todo o mundo que estaba a presenciar a entrevista se empezou a rir, inclusive as propias mulleres maiores o que nos da a entender que tiñan cero liberdade e maioritariamente sumisas e baixo o mandato do home como se fose o seu dono.
IRIA
O proxecto que tivemos que facer sobre o franquismo estuvo moi ben porque aprendimos moitas cousas e poidemos observar as distintas opinións que a xente ten sobre o tema.
AITZIBER
Creo que foi unha experiencia nova e que puiden observar máis de cerca a forma na que vivía a xente nesa época.
IRIA, FÁTIMA E UXÍA
Foi unha época que ocasionou moitos danos tanto a nivel económico como psicolóxico na poboación. A maioría da xente non quere recordar e falarnos do vivido porque lles supón recordar unha época de tremenda dor. Naquela época se non pensabas como o ditador eras fusilado,e moitas veces fusilábante porque un veciño se queixaba ao párroco ou outros motivos descoñecidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario